Como ben sabe o vindeiro 17 e 18 de abril de 2015 terá lugar a XXVII Feira Apícola de Rías Baixas en O Porriño, no que se englobará o Bee Happy Market, que tanto éxito de asistencia acadou en edicións pasadas.
Por unha parte haberá as Xornadas Técnicas de Apicultura (o sábado 18) e outra un mercado de Mel e Artesanía (venres 17 e sábado 18 de abril), chamado Bee Happy Market, é no segundo punto no que nos encantaría convidalo a visitar a feira na que moitos artesáns traerán produtos creativos que quizás lle interese ter a venda na súa tenda.
Aproveitamos para comentarlle, que ademais para os máis cativos haberá obradoiros de Globoflexia e maquillaxe, que adozarán a xornada dos pequenos da casa; haberá catas de mel de Galicia gratuitas e unha sesión vermú "Lodeiros" de valde. Poderá ver todas as actividades no tríptico que lle adxuntamos.
Un doce saúdo.
PD. Deixamos os links ás Redes Sociais creadas para o evento para que vexa un pouquiño no que estamos a traballar.
Facebook: http://www.facebook.com/BeeHappyMarket
Twitter: https://twitter.com/BeeHappyMarket

af_triptico_130x130_bhm15.pdf |